Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2025

Enfermidade de Addison

Imagen
 É fundamental saber identificar ós pacientes cunha posible enfermidade de Addison na consulta de Atención Primaria porque se trata dunha patoloxía endocrina pouco frecuente pero potencialmente grave, que pode pasar desapercibida debido á inespecificidade dos seus síntomas iniciais, como fatiga crónica, perda de peso, hipotensión ou hiperpigmentación cutánea. Un diagnóstico precoz é clave para evitar unha crise suprarrenal, que constitúe unha emerxencia médica con risco vital. Polo tanto, a sospeita clínica temperá e a derivación axeitada permiten instaurar un tratamento eficaz e mellorar o prognóstico e a calidade de vida dos pacientes. Enfermidade de Addison

Fisioterapia comunitaria

Imagen
 Hoxe falamos da importancia da actividade física para prevención e tratamento de múltiples patoloxías moi prevalentes na nosa poboación. Noa Siñuela, fisioterapeuta comunitaria da nosa área sanitaria, explícanos os diferentes programas dispoñibles dos que se poden beneficiar os nosos pacientes. Fisioterapia Comunitaria

Eutanasia

Imagen
 A Lei Orgánica 3/2021, que regula a eutanasia en España desde xuño de 2021, recoñece o dereito das persoas a solicitar axuda para morrer en circunstancias de sufrimento grave e incurable. A Xunta implementou protocolos e creou a Comisión de Garantía e Avaliación. Nesta sesión clínica repasamos os aspectos mais importantes desta lei e os procesos a seguir para conseguir a axuda a morrer dos nosos pacientes que o soliciten. Adxuntamos a sesión clínica impartida en Chapela e tamén a información dispoñible do SERGAS sobre a Prestación de Axuda para Morrer e sobre as Instruccións Previas. Eutanasia Prestación de Axuda a Morrer - SERGAS Instruccións Previas

Vitamina D

Imagen
 Nos últimos anos hai unha tendencia ó tratamento con suplementos de vitamina D, con diferentes principios activos, que se veu intensificado desde a pandemia do COVID19. Nesta sesión repásanse conceptos básicos sobre a vitamina D, cando debemos realizar un cribado e en que casos e como debemos tratar ós nosos pacientes. Vitamina D

Hiperplasia benigna de próstata

Imagen
 Unha sesión clínica sobre Hiperplasia Benigna de Próstata (HBP) que se centra na abordaxe integral desta patoloxía prevalente en homes, destacando o diagnóstico baseado en síntomas do tracto urinario inferior, exploración física e probas complementarias. Inclúe a actualización nos criterios de derivación ao especialista, así como o manexo terapéutico desde Atención Primaria, tanto farmacolóxico como non farmacolóxico, promovendo o seguimento estreito e a educación sanitaria para mellorar a calidade de vida do paciente. HBP

Cribado da retinopatía diabética

Imagen
 No ano 2024 chegou ó noso centro de saúde, entre outras cousas, un retinógrafo. Polo que tivemos que actualizarnos e por este motivo impartimos esta sesión clínica sobre o cribado da retinopatía diabética. O cribado da retinopatía diabética en Atención Primaria é fundamental para a detección precoz desta complicación ocular, frecuente en pacientes con diabetes mellitus. Consiste na realización periódica de retinografía ou exploración do fondo de ollo, especialmente en pacientes con diabetes. O obxectivo é identificar signos iniciais de retinopatía para implementar medidas terapéuticas e de control glicémico que reduzan o risco de progresión e perda visual, garantindo así un seguimento coordinado entre Atención Primaria e Oftalmoloxía. Cribado retinopatía diabética

PAI sobre Diabetes (2023)

Imagen
  O Proceso Asistencial Integrado (PAI) da diabetes mellitus tipo 2 en Galicia é unha guía oficial elaborada polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) que orienta a actuación dos profesionais sanitarios no diagnóstico, tratamento e seguimento das persoas con esta enfermidade. O seu obxectivo principal é mellorar a calidade de vida dos pacientes e reducir a morbimortalidade asociada, diminuíndo a variabilidade asistencial e aplicando criterios de calidade e eficiencia. A actualización máis recente deste proceso realizouse en 2023, tras un traballo colaborativo dun grupo multidisciplinar de profesionais do Sergas. Esta revisión busca mellorar a organización da atención, definir claramente o papel dos distintos perfís profesionais implicados e promover a educación diabetolóxica e a corresponsabilidade dos pacientes na xestión da súa enfermidade. PAI Diabetes

Seguimento en Diabetes tipo 2

Imagen
 O seguimento da diabetes mellitus tipo 2 por parte de enfermería en Atención Primaria é esencial para o control efectivo da enfermidade e a prevención de complicacións. A enfermería realiza educación diabetolóxica, promovendo cambios no estilo de vida, adherencia ao tratamento farmacolóxico e autocontrol glicémico. Ademais, leva a cabo o rexistro e monitorización de parámetros como a talla, peso, perímetro abdominal, hemoglobina glicosilada, presión arterial e perfil lipídico, identificando factores de risco e coordinándose co equipo médico para axustar o tratamento segundo as necesidades do paciente. Nesta sesión clínica recordamos como debemos facer un seguimento protocolizado e sistematizado ós nosos pacientes diabéticos. Seguimento en DM

Dispepsia

Imagen
 A dispepsia é un conxunto de síntomas dixestivos inespecíficos, como dor ou molestia epigástrica, plenitude postprandial e náuseas, que son motivos de consulta moi frecuentes nas nosas consultas do centro de saúde. O seu manexo inclúe unha historia clínica exhaustiva para identificar sinais de alarma e posibles causas orgánicas, como úlcera péptica ou infección por Helicobacter pylori. Na maioría dos casos, a dispepsia é funcional, polo que o tratamento inicial adoita incluír medidas dietéticas, cambios no estilo de vida e o uso de fármacos.  Kenia Lisbeth fainos unha revisión moi útil nesta sesión clínica sobre os aspectos mais importantes do seu manexo en Atención Primaria. Dispepsia

Psoriasis en Atención Primaria

Imagen
 Coñecer a psoriasis en Atención Primaria é fundamental para garantir un diagnóstico precoz e un manexo axeitado desta enfermidade crónica, que pode ter un importante impacto na calidade de vida dos pacientes. A identificación temperá permite instaurar tratamentos tópicos eficaces, reducir complicacións e abordar comorbilidades asociadas, como a artrite psoriásica ou trastornos metabólicos, evitando así derivacións innecesarias e garantindo un seguimento continuado e integral desde o primeiro nivel asistencial. Psoriasis en Atención Primaria

Dermatoscopia en Atención Primaria

Imagen
O dermatoscopio é unha ferramenta fundamental nas consultas de Atención Primaria, xa que permite a observación detallada das estruturas da pel non visibles a simple vista. A súa utilización facilita a identificación precoz de lesións sospeitosas de cancro cutáneo, como o melanoma, e mellora o diagnóstico diferencial doutros trastornos dermatolóxicos, reducindo así derivacións innecesarias a dermatoloxía e favorecendo un manexo máis eficiente e preciso das patoloxías cutáneas. Dermatoscopia en AP

Seguimento en HTA

Imagen
 O seguimento do paciente hipertenso en Atención Primaria desde a perspectiva da enfermería é fundamental para garantir un control efectivo da presión arterial, prevenindo complicacións cardiovasculares e mellorando a calidade de vida. A través da educación sanitaria, o control periódico dos valores tensionais e a promoción de hábitos de vida saudables, a enfermería desempeña un papel clave na adherencia ao tratamento e na detección precoz de factores de risco, favorecendo un manexo integral e continuo da hipertensión. Nesta sesión facemos unha proposta de protocolo de actuación no centro de saúde para o seguimento do paciente hipertenso . Seguimento paciente hipertenso

Osteoporose en Atención Primaria

Imagen
 A revisión da osteoporose en Atención Primaria é fundamental porque permite identificar de forma precoz a pacientes con risco de fracturas, especialmente en persoas maiores e postmenopáusicas. Un diagnóstico e seguimento axeitado axuda a previr complicacións graves, mellorar a calidade de vida e reducir o impacto sanitario e social asociado ás fracturas osteoporóticas. Ademais, en Atención Primaria pódense aplicar intervencións eficaces tanto farmacolóxicas como de estilo de vida, adaptadas a cada paciente. Osteoporose