Acerca de nós
O centro de saúde de Chapela, no concello de Redondela, pertence á EOXI de Vigo. Ten seis cupos de medicina/enfermería de adultos e un de pediatría.
A principios do ano 2023 o centro foi acreditado para a docencia en formación sanitaria especializada, e desde maio dese ano estamos a formar residentes MIR e EIR. Intentamos compensar a inexperiencia como docentes con horas de estudo, formación, actividade docente e, sobre todo, moitísima ilusión.
Ademais con tantas horas de dedicación establecemos fortes lazos entre nós, formando actualmente unha gran familia, con tempo para o lecer e mellorar o clima laboral.
Este blog creouse coa idea de albergar as sesións clínicas impartidas no centro tanto por residentes coma por médicos, enfermeiros, fisioterapeutas, farmacéuticos, etc. Para que poidamos consultalas en calquera momento, e tamén que outros compañeiros doutros centros de saúde poidan ver o traballo que facemos.
Se por outra banda es un futuro residente e estás plantexándote escoller o noso centro para formarte con nós, aquí tes un vídeo explicativo que che vai facer aclarar as túas dúbidas!