Dispepsia
A dispepsia é un conxunto de síntomas dixestivos inespecíficos, como dor ou molestia epigástrica, plenitude postprandial e náuseas, que son motivos de consulta moi frecuentes nas nosas consultas do centro de saúde. O seu manexo inclúe unha historia clínica exhaustiva para identificar sinais de alarma e posibles causas orgánicas, como úlcera péptica ou infección por Helicobacter pylori. Na maioría dos casos, a dispepsia é funcional, polo que o tratamento inicial adoita incluír medidas dietéticas, cambios no estilo de vida e o uso de fármacos.
Kenia Lisbeth fainos unha revisión moi útil nesta sesión clínica sobre os aspectos mais importantes do seu manexo en Atención Primaria.
Comentarios
Publicar un comentario