Nos últimos anos hai unha tendencia ó tratamento con suplementos de vitamina D, con diferentes principios activos, que se veu intensificado desde a pandemia do COVID19. Nesta sesión repásanse conceptos básicos sobre a vitamina D, cando debemos realizar un cribado e en que casos e como debemos tratar ós nosos pacientes. Vitamina D
O insomnio é o trastorno do sono mais común e pode afectar á nosa saúde física e mental, xerando cansancio, irritabilidade e problemas de concentración durante o día. É unha das causas mais frecuentes de consulta en Atención Primaria, afectando a xente de diversas idades. Marta Martinho, MIR1, fainos unha revisión e actualización moi completa sobre o insomnio e o seu manexo. Insomnio
A mortalidade do cancro en España experimentou un notable descenso nas últimas décadas. Estas tendencias son debidas á identificación de factores de risco, realización de actividades preventivas, as campañas de diagnóstico precoz e ós avances terapéuticos. Nazaret Quiroga, MIR3, preparou unha revisión das recomendacións do PAPPS en canto a prevención do cancro que podemos aplicar desde as nosas consultas de Atención Primaria. Prevención en cáncer