Seguimento en Diabetes tipo 2

 O seguimento da diabetes mellitus tipo 2 por parte de enfermería en Atención Primaria é esencial para o control efectivo da enfermidade e a prevención de complicacións. A enfermería realiza educación diabetolóxica, promovendo cambios no estilo de vida, adherencia ao tratamento farmacolóxico e autocontrol glicémico. Ademais, leva a cabo o rexistro e monitorización de parámetros como a talla, peso, perímetro abdominal, hemoglobina glicosilada, presión arterial e perfil lipídico, identificando factores de risco e coordinándose co equipo médico para axustar o tratamento segundo as necesidades do paciente.

Nesta sesión clínica recordamos como debemos facer un seguimento protocolizado e sistematizado ós nosos pacientes diabéticos.






Comentarios

Entradas populares de este blog

Vitamina D

Insomnio

Prevención en cancro