Entradas

Cribado de consumo de alcohol en Atención Primaria

Imagen
 O consumo de alcol é un dos principais factores de risco para a saúde, asociado tanto a enfermidades crónicas como a problemas sociais e familiares. A guía da semFYC recomenda que en Atención Primaria se realice un cribado sistemático do consumo de alcol en persoas maiores de 14 anos, aproveitando as consultas habituais. A detección temperá mediante preguntas sinxelas e instrumentos validados, como o AUDIT-C , permite identificar consumos de risco e ofrecer unha intervención breve, eficaz e adaptada a cada paciente. Estas intervencións teñen demostrado reducir o consumo e mellorar a saúde a medio e longo prazo. O cribado non só axuda a previr complicacións médicas, senón que tamén reforza o papel da Atención Primaria na promoción de hábitos de vida saudables. Preguntar polo consumo de alcol é un paso sinxelo cun gran impacto preventivo. Cribado de consumo de alcohol

Enfermidades tropicais

Imagen
 Aínda que Galicia non é unha zona endémica de enfermidades tropicais como o dengue, chikungunya ou zika , a súa revisión segue a ser de grande interese na práctica clínica. A mobilidade internacional, tanto por viaxes de lecer como por migracións, fai que cada vez sexa máis frecuente atoparnos con pacientes que presentan cadros compatibles tras regresar de países onde estas infeccións son habituais. Repasar a clínica, os métodos diagnósticos e as medidas de prevención destas patoloxías axúdanos a mellorar a capacidade de sospeita e a ofrecer unha atención máis segura e eficaz. Ademais, permite reforzar o papel dos profesionais de Atención Primaria na educación sanitaria da poboación viaxeira. Esta sesión clínica busca actualizar coñecementos e fomentar a detección temperá destas enfermidades, recordando que pensar nelas é o primeiro paso para diagnosticalas . Enfermedades tropicales

Infección do Tracto Urinario. Bacteriuria asintomática - PROA Vigo

Imagen
 As infeccións do tracto urinario (ITU) son unha das infeccións máis frecuentes en Atención Primaria, especialmente en mulleres. Dende o programa PRAN e os Equipos PROA, o seu enfoque céntrase en garantir un diagnóstico preciso, promover o uso responsable e racional dos antibióticos para evitar a aparición de resistencias, e fomentar medidas preventivas e educativas para reducir a incidencia e as complicacións destas infeccións, asegurando así unha mellor atención e a sustentabilidade do sistema sanitario. Un gran agradecemento ás doutoras Adriana Carrete Carballeda e Ana Goicoechea Castaño, autoras da presentación impartida.  ITU - PROA

Abordaxe multidisciplinar da Asma

Imagen
 Novo repaso actualizado sobre a Asma e o seu manexo para profesionais de Atención Primaria. Baseada na GEMA 5.4 do ano pasado, a doutora Susana Daviña explícanos de forma pormenorizada nesta sesión clínica os criterios diagnósticos, tratamentos e situacións de derivación a consultas externas de Neumoloxía, sobre todo aqueles casos de Asma Grave non controlada. Asma

Enfermidade de Addison

Imagen
 É fundamental saber identificar ós pacientes cunha posible enfermidade de Addison na consulta de Atención Primaria porque se trata dunha patoloxía endocrina pouco frecuente pero potencialmente grave, que pode pasar desapercibida debido á inespecificidade dos seus síntomas iniciais, como fatiga crónica, perda de peso, hipotensión ou hiperpigmentación cutánea. Un diagnóstico precoz é clave para evitar unha crise suprarrenal, que constitúe unha emerxencia médica con risco vital. Polo tanto, a sospeita clínica temperá e a derivación axeitada permiten instaurar un tratamento eficaz e mellorar o prognóstico e a calidade de vida dos pacientes. Enfermidade de Addison

Fisioterapia comunitaria

Imagen
 Hoxe falamos da importancia da actividade física para prevención e tratamento de múltiples patoloxías moi prevalentes na nosa poboación. Noa Siñuela, fisioterapeuta comunitaria da nosa área sanitaria, explícanos os diferentes programas dispoñibles dos que se poden beneficiar os nosos pacientes. Fisioterapia Comunitaria

Eutanasia

Imagen
 A Lei Orgánica 3/2021, que regula a eutanasia en España desde xuño de 2021, recoñece o dereito das persoas a solicitar axuda para morrer en circunstancias de sufrimento grave e incurable. A Xunta implementou protocolos e creou a Comisión de Garantía e Avaliación. Nesta sesión clínica repasamos os aspectos mais importantes desta lei e os procesos a seguir para conseguir a axuda a morrer dos nosos pacientes que o soliciten. Adxuntamos a sesión clínica impartida en Chapela e tamén a información dispoñible do SERGAS sobre a Prestación de Axuda para Morrer e sobre as Instruccións Previas. Eutanasia Prestación de Axuda a Morrer - SERGAS Instruccións Previas