Cribado de consumo de alcohol en Atención Primaria
O consumo de alcol é un dos principais factores de risco para a saúde, asociado tanto a enfermidades crónicas como a problemas sociais e familiares. A guía da semFYC recomenda que en Atención Primaria se realice un cribado sistemático do consumo de alcol en persoas maiores de 14 anos, aproveitando as consultas habituais.
A detección temperá mediante preguntas sinxelas e instrumentos validados, como o AUDIT-C, permite identificar consumos de risco e ofrecer unha intervención breve, eficaz e adaptada a cada paciente. Estas intervencións teñen demostrado reducir o consumo e mellorar a saúde a medio e longo prazo.
O cribado non só axuda a previr complicacións médicas, senón que tamén reforza o papel da Atención Primaria na promoción de hábitos de vida saudables. Preguntar polo consumo de alcol é un paso sinxelo cun gran impacto preventivo.
Comentarios
Publicar un comentario