Taller de inhaladores
O correcto uso dos inhaladores é fundamental en pacientes con broncopatías como a asma ou a EPOC, xa que garante que o medicamento chegue de forma eficaz aos pulmóns, mellorando así o control dos síntomas e reducindo as exacerbacións. Un mal uso pode facer que o tratamento sexa ineficaz, aumentando o risco de ingresos hospitalarios e empeoramento da calidade de vida. Por este motivo, é esencial que os profesionais sanitarios adestremos adecuadamente aos pacientes, asegurándonos de que comprenden e executan ben a técnica inhalatoria, e revisando periodicamente o seu uso para corrixir erros e reforzar aprendizaxes.
Comentarios
Publicar un comentario